
SODIGA

Sodiga Galicia, Sociedad de Capital Riesgo, S.A
Os investimentos de Sodiga dirinxese a empresas con alto potencial de crecemento, xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional e que teñan relación co desenvolvemento e consolidación da economia e da industria de Galicia.
O Capital Risco é unha actividade financeira que consiste en proporcionar recursos ás empresas, a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada. Desde o punto de vista financeiro, supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira, e desde o punto de vista interno da empresa promove a profesionalización da xestión empresarial, colaborando na procura de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servicios..
Máis sobre SODIGA
Os investimentos de Sodiga van dirixidos a empresas
» Cun alto potencial de crecemento
» Xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional
» Relacionadas co desenvolvemento e consolidación da economía de Galicia
Presidente D. Fernando Guldrís Iglesias
Voceiros
» Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE
representado por Dna. Raquel Rodríguez Espiño
» Torre de Hércules Participaciones Societarias, S.L.U.
representada por D. Marcos Oubiña Moure
» Corporación Empresarial y Financiera de Galicia, S.L.U.
representada por D. Marco Enrique Nieto Montero
» Sobrinos de José Pastor Inversiones, S.A.U.
representado por D. Miguel Ángel Méndez Magán
» Dna. Patricia Argerey Vilar
» D. Manuel Vidal Martín
As Contas Anuais abranguen o Balance, as Contas de perdas e ganancias, o Estado de fluxos de efectivo e demais datos que permiten obter unha imaxe fiel do patrimonio, a situación financeira e os resultados da entidade.