Comunicado - COVID-19

Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, puxemos en marcha unha serie de iniciativas de apoio:

  1. Aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal nas cotas liquidables o 31 de marzo de 2020, baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto. Ler nova
  2. Ampliación da medida anterior, estendéndoa á cota liquidable o 30 de xuño de 2020, de modo que as empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar da condonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durante todo o primeiro semestre do ano Ler nova
  3. Nova liña de investimento, dotada con 10 millóns de euros, para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual ( EPIs) e materiais para  respiradores. Ler nova 

Este conxunto de iniciativas súmanse ás postas en marcha pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dirixidas ao noso tecido empresarial e que podes atopar na seguinte dirección: https://ceei.xunta.gal/coronavirus

 

01/03/2017 - 12:45
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria activa hoxe a primeira convocatoria desta iniciativa para facilitar a creación de emprego mediante actividades industriais de autónomos, microempresas e pequenas empresas
  • Poderán recibir un...
27/02/2017 - 12:30
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións no porto vigués desta empresa referente en innovación e internacionalización
  • Logistic Tech Accelerator é unha das 6 aceleradoras seleccionadas...
14/02/2017 - 12:15
  • O director do Igape, Juan Cividanes, salienta durante a súa intervención nun encontro co CFV arredor dos instrumentos para a mellora da competitividade empresarial que son galegos tres dos cinco clústers españois con distinción europea de...
27/01/2017 - 12:00
  • O director xeral do Igape, Juan Cividanes, visita as instalacións desta compañía con vocación global especializada en cultivos que medran nunha solución acuosa, sen precisar terra
  • As vendas de H2 Hydroponics a mercados como Portugal, USA...
20/01/2017 - 11:45
  • A directora de Gain, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Lugo á clausura do Demo Day, un encontro na que os participantes na sede lucense presentaron os seus proxectos ao comité técnico que se encargará de elixir as propostas finalistas que estarán...
17/01/2017 - 11:30
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria coñeceu os primeiros nove proxectos que están a ser acelerados na Business Factory Auto, na que colaboran Xunta, o Consorcio Zona Franca de Vigo, Ceaga e PSA Group
  • A BFA prevé mobilizar...
14/01/2017 - 11:15
  • O director do Igape, Juan Cividanes, asistiu hoxe á clausura da Fase de Academia de Vía Galicia e salientou o apoio integral da Xunta, ao abeiro da Lei de Emprendemento, para favorecer e impulsar o deseño, a consolidación e a internacionalización...
13/01/2017 - 11:15
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Pantón á xornada de preparación do Demo Day que se celebrará a próxima semana e da que sairán os 15 finalistas da cuarta edición deste programa 
  • Os 20...
09/11/2016 - 22:30
  • Máis de duascentas persoas reuníronse en Porto do Molle (Nigrán) para analizar as posibilidades de negocio que se presentan entre as startups da terceira edición de ViaGalicia
  • A fórmula do "investors day" é unha gran oportunidade para...
Acto BFA
04/11/2016 - 14:00
  • O pasado venres finalizou o prazo de inscrición para participar na primeira convocatoria do Business Factory Auto (BFA) cun total de 22 proxectos empresariais presentados nas catro categorías posibles

Páxinas