Comunicado - COVID-19

Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, puxemos en marcha unha serie de iniciativas de apoio:

  1. Aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal nas cotas liquidables o 31 de marzo de 2020, baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto. Ler nova
  2. Ampliación da medida anterior, estendéndoa á cota liquidable o 30 de xuño de 2020, de modo que as empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar da condonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durante todo o primeiro semestre do ano Ler nova
  3. Nova liña de investimento, dotada con 10 millóns de euros, para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual ( EPIs) e materiais para  respiradores. Ler nova 

Este conxunto de iniciativas súmanse ás postas en marcha pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dirixidas ao noso tecido empresarial e que podes atopar na seguinte dirección: https://ceei.xunta.gal/coronavirus

 

04/05/2016 - 11:00
  • Os directores do Igape e de Xes Galicia, Javier Aguilera e Juan Cividanes, participaron nunha xornada técnica na sede da Confederación de Empresarios de Lugo para detallar o amplo abano de instrumentos da Xunta para facilitar a actividade...
Encontro de traballo en Vigo
12/04/2016 - 10:45
  • Os directores do Igape e de Xesgalicia participan nun encontro informativo no Circulo de Empresarios de Galicia para expoñer o amplo abano de mecanismos activados polo Goberno galego para facilitar a actividade empresarial
  • Aguilera...
07/04/2016 - 10:15
  • Galicia Open Future é unha iniciativa de Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia.
  • As tres startups gañadoras recibirán como premio unha axuda de 25.000 euros por parte da Xunta de Galicia coa que poderán continuar desenvolvendo...
Juan Cividanes cos emprendedores de ViaGalicia
02/02/2016 - 13:00
  • Xunta e Zona Franca achegan capital e consultaría individualizada para potenciar o éxito de novas empresas
  • Os equipos elixidos recibirán un financiamento de 1.250.000...
Emprendedores de ViaGalicia
23/01/2016 - 10:30
  • Os impulsores dos 20 proxectos seleccionados na sede de Vigo expuxeron hoxe as súas propostas diante do comité técnico que seleccionará aos que accederán á fase de aceleración, que poderán contar con financiamento de ata 125.000 euros
  • O...
16/10/2015 - 12:15

Toda a información está dispoñible no Perfil Contratante de XesGalicia, na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia...

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, xunto co director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela; o director do Igape, Javier Aguilera, e o director de Telefónica para a zona Norte, Manuel Alonso, visitaron esta mañá o GOF
29/09/2015 - 17:15
  • Preto de 50 iniciativas emprendedoras de Galicia e norte de Portugal comezaron este mes o seu adestramento no programa impulsado por Telefónica, en colaboración coa Xunta
  • Abarcan sectores tan diversos como o madeireiro, a saúde, a...
02/09/2015 - 18:00
  • XesGalicia e a cooperativa ICOS asinan un acordo para participar no capital da empresa Lasurgal co obxectivo de desenvolver un proxecto industrial que dote aos gandeiros dun maior peso na cadea de valor
  • ...

Páxinas